Proxectos, obras e rehabilitacións na Estrada – Trabe Arquitectura

REHABILITACIÓN E REFORMA DE VIVENDAS

Realizamos proxectos de rehabilitación ou reforma de vivendas de xeito integral dende o primeiro boceto e estudios previos, ata a entrega do edificio.

Rehabilitación integral:

mellora das condicións de salubridade, confortabilidade, seguridade e ornato con modificacións de distribución e/ou alteración da súa distribución interna.

Restauración:

restitución dun edificio, ou de parte do mesmo ás súas condicións ou estado orixinal.

Conservación:

A finalidade das obras é a de manter a vivenda en correctas condicións de salubridade, habitabilidade, confortabilidade e ornato.

Antes
Despois
Antes
Despois

Así, estes proxectos contemplan intervencións en patoloxías estruturais, adaptando as instalacións xa sexa devolvendo o edificio ó seu estado orixinal ou modificando o mesmo para axeitalo ás novas necesidades requiridas:

        • Mellorando a calidade de vida
        • Favorecendo o aforro en consumo enerxético

No proceso de deseño e desenrolo do proxecto, aplicamos as mesmas pautas e estándares de esixencia, que os contemplados na execución dos proxectos da obra nova.

Durante o proceso da execución dun proxecto arquitectónico, é preciso ter subscrito contrato de dirección facultativa con: Dirección de obra, Arquitecto (art. 12.1 da Lei 38/99 de ordenación da edificación loe), Dirección de execución de obra, Aparellador ou Arquitecto Técnico (art. 13.1 Loe) e Coordinador de seguridade e saúde da obra (art. 3 Rd 1627/1997 Seguridade e saúde nas obras de construción).

TRABE ARQUITECTURA conta con profesionais titulados e cualificados para a dirección de obra, con ampla experiencia no seguimento e control, tanto orzamentario como técnico e arquitectónico.

PROXECTOS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

Una vista aérea de una casa rehabilitada en Cuntis
Scroll ao inicio